BEME 2026 Resolución Concesión: Listaxe de persoas beneficiarias, suplentes e solicitudes excluídas

Listen to this page using ReadSpeaker
72 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 18 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2026/27 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) (DOG n.º 171 do 9 de setembro de 2026) | Premer aquí para descargar.

  1. Listaxe de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do 4 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración | Premer aquí para descargar.
  2. Listaxe de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria ou desistiron da súa solicitude, sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo II da Resolución do 4 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración | Premer aquí para descargar.

Contra a Resolución do 4 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
09.09.2026
Data fin de prazo: 
09.09.2026