Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2026
OBXECTO:
Ofertar ás persoas galegas universitarias residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade pública galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega enriquézase cos seus coñecementos e experiencias profesionais internacionais.
CARACTERÍSTICAS
- 250 bolsas de excelencia
- Másteres ofertados polas Universidades de:
- Vigo (campus: Vigo, Ourense e Pontevedra)
- A Coruña (campus: A Coruña e Ferrol)
- Santiago de Compostela (campus: Santiago e Lugo)
- Áreas:
- Artes e Humanidades
- Ciencias
- Ciencias da Saúde
- Ciencias Sociais e Xurídicas
- Enxeñaría e Arquitectura
- Cada universidade ten os seus propios prazos de Matrícula.
- Condicións da concesión da bolsa: estar matriculado/a nun máster dun mínimo de 60 créditos ECTS, na modalidade presencial ou semipresencial e a tempo completo, e que se imparta o Título Oficial de Máster para o que se realizou a matrícula.
- Esta axuda é incompatible con calquera outra beca ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar os estudos de máster oficial.
Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
- Anualidades:
- Máster 60 créditos: curso 2026/2027
- Máster 90 créditos: cursos 2026/2027 y 2027/2028
PERÍODO DE DESFRUTE, DOTACIÓN E PRAZOS DE ABONO:
| Créditos ECTS | Nº cursos | Período desfrute | Dotación Europa | Abono | Dotación Resto Países | Abono |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 60 - 72 | 1 | Curso 2026/2027 | 8.000 € | 1º prazo: 6.000€ 2º prazo: 2.000€ |
8.500 € | 1º prazo: 6.000€ 2º prazo: 2.500€ |
| 90 | 1,5 | Curso 2026/2027
Curso 2027/2028 |
11.750 € | 1º prazo: 6.000€ 2º prazo: 2.000€ 3º prazo: 3.750€ |
12.500 € | 1º prazo: 6.000€ 2º prazo: 2.500€ 3º prazo: 4.000€ |
- Co importe da bolsa a persoa beneficiaria deberá afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster (matricula universidade, viaxe desde o seu país de procedencia, aloxamento e manutención en Galicia).
PERSOAS BENEFICIARIAS
- Persoas galegas residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
REQUISITOS
- Ser menor de 40 anos
- Estar en posesión da nacionalidade española
- Residir fóra de España
- Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude
- Estar vinculado a Galicia dalgunha destas maneiras:
- Ser emigrante nacido/a en Galicia
- Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero residir en Galicia de forma continuada durante cinco (5) anos con nacionalidade española antes de emigrar
- Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nada en Galicia
- Ter finalizado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica ou outro declarado equivalente de forma expresa.
- Estar matriculado/a no curso 2026/27 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial ou semipresencial.
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: | picar aquí para acceder |
OUTRA DOCUMENTACIÓN PARA CONSULTAR:
- Texto completo da convocatoria no DOG (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria no DOG (picar aquí para descargar)
MÁIS INFO:
- Preguntas frecuentes: picar aquí para consultar
- Listado de mestrados: picar aquí para consultar
- Procedemento e prazos convocatoria BEME : picar aquí para consultar
- Procedemento e prazos matrícula universidades: picar aquí para consultar
FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que figura como anexo II da resolución a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.



