Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas do procedemento para a participación no Programa Conecta Voluntariado Galicia (PR930C) 2024, convocado pola resolución da SXE do 20 de maio do 2024 (DOG Núm. 104 do 30 do maio)
LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS DO PROCEDEMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA VOLUNTARIADO GALICIA (PR930C) 2024, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 20 DE MAIO DO 2024 (DOG NÚM. 104 DO 30 DE MAIO)
En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 20 de maio de 2024 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación do programa CONECTA VOLUNTARIADO GALICIA, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas por países, sinalando, no seu caso, a documentación que debe achegar ou emendar ou a causa de exclusión, así como o correspondente artigo da Resolución incumprido.
A fin de facilitar a lectura, os solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes poden descargarse pulsando na cadro que corresponda:
| PAÍS | LISTAXES | DATA PUBLICACIÓN | PRAZO DE EMENDA DE SOLICITUDE |
|---|---|---|---|
| ARXENTINA | Descargar | 18 de xullo de 2024 | Ata o día 29 de xullo de 2024 |
| BRASIL | Descargar | 18 de xullo de 2024 | Ata o día 29 de xullo de 2024 |
| CUBA | Descargar | 18 de xullo de 2024 | Ata o día 29 de xullo de 2024 |
| URUGUAI | Descargar | 18 de xullo de 2024 | Ata o día 29 de xullo de 2024 |
| VENEZUELA | Descargar | 18 de xullo de 2024 | Ata o día 29 de xullo de 2024 |
| RESTO DE AMÉRICA | Descargar | 18 de xullo de 2024 | Ata o día 29 de xullo de 2024 |
Os documentos que se acheguen para completar o expediente e os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia na que presentou a solicitude, que será a encargada da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. Ou, de non existir algunha preto da localidade de residencia, no rexistro xeral do Consulado de España mais próximo.



