Conecta Voluntariado Galicia 2024
Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas correspondentes ao programa Conecta Voluntariado Galicia para o ano 2024, cuxa finalidade é facilitar á mocidade da Galicia exterior o coñecemento da realidade galega dunha forma diferente e o encontro coas e cos seus familiares.
Colaboran: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Dirección Xeral de Xuventude
Persoas participantes:
1. Poderán optar a este programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter, o 15.7.2024, unha idade comprendida entre os 21 e os 30 anos.
b) Non ter participado en ningún programa convocado pola Secretaría Xeral da Emigración.
c) Ter nacido en Galicia ou ser descendente dunha persoa emigrante galega.
d) Posuír a nacionalidade española.
e) Ter a súa residencia habitual no estranxeiro.
f) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 12 meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
g) Carecer de discapacidades que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 31/05/2024 ata o 01/07/2024
Lugar e presentación de solicitudes:
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: | Sede electrónica da Xunta de Galicia |
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do PR930C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización.
- Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
- No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
- No Brasil:
-Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro.
-Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução, en São Paulo.
-Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Beneficiencia Rosalía de Castro, en Santos.
-Asociación Cultura Caballeros de Santiago, en Salvador de Baía. - En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas, na Habana.
- En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela, en Caracas.
- O resto dos países: nos rexistros dos Consulados de España.
Poderán presentar tamén as solicitudes presencialmente na Secretaría Xeral de Emigración (Praza de Mazarelos, 15 – 15703 Santiago de Compostela) ou no resto de rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Número de prazas:
| País | Total |
|---|---|
| Arxentina | 5 |
| Brasil | 2 |
| Cuba | 2 |
| Uurguai | 2 |
| Venezuela | 2 |
| Resto de América | 4 |
| Resto de Europa | 3 |
| Totais | 20 |
Documentación para consultar:



