Listaxes definitivas das persoas solicitantes admitidas e excluídas do procedemento para a participación no Programa Conecta Voluntariado (PR930C) 2024, convocado pola resolución da SXE de 20 de maio de 2024 (DOG NÚM. 104, de 30 de maio)

Listen to this page using ReadSpeaker
477 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES DEFINITIVAS DAS PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DO PROCEDEMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA VOLUNTARIADO (PR930C) 2024, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DE 20 DE MAIO DE 2024 (DOG NÚM. 104, DE 30 DE MAIO)

En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 20 de maio de 2024 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación do programa CONECTA VOLUNTARIADO GALICIA, e convoca as do ano 2024 (DOG núm. 104 do 30 de maio), á vista de toda a documentación incorporada ao expediente e do correspondente informe da comisión de valoración, publícanse as listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas, por países, con indicación da opción de regreso. Estas listas publicaranse, así mesmo, nas Delegacións da Xunta de Galicia e demais entidades colaboradoras.

A relación de solicitudes admitidas efectúase segundo a orde de prelación resultante de aplicar os criterios establecidos no artigo 11.1 da Resolución citada. De acordo co estipulado no contrato para os desprazamentos e o disposto no apartado segundo dese mesmo artigo, no caso de que queden prazas vacantes nalgún dos destinos ofertados (Anexo I da Resolución), poderán ser distribuídas entre as solicitudes doutros países.

A Resolución ditada polo titular da Secretaría Xeral da Emigración deste procedemento, onde figurará a relación de persoas beneficiarias, publicarase na web o máis axiña posible.

As listaxes pódense descargar pulsando no recuadro que corresponda:

PAÍS LISTAXES PARA DESCARGAR
ARXENTINA Descargar
BRASIL Descargar
CUBA Descargar
URUGUAI Descargar
VENEZUELA Descargar
RESTO DE AMÉRICA Descargar

 

Data de publicación: 
31.07.2024
Data fin de prazo: 
31.07.2024
Convocatoria asociada: