Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. Bolsa de persoas formadoras colaboradoras 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
362 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. Bolsa de persoas formadoras colaboradoras 2024.

Segundo o previsto no artigo 10 da Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración dunha bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes, dáse publicidade ás listaxes resultantes da comprobación, respecto das solicitudes presentadas, do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte ao desta publicación para presentaren as alegacións que consideren oportunas.

*Os méritos alegados no anexo II ou no currículo que non teñan un soporte documental non son considerados e polo tanto non aparecen recollidos no listado.

Actividade Listado
Baile galego Descargar
Pandeireta e Canto Descargar
Gaita Descargar
Percusión Descargar
Outros instrumentos tradicionais Descargar
Confección de traxe tradicional galego Descargar
Encaixe de palillos Descargar
Cociña galega Descargar

 

Data de publicación: 
01.03.2024
Data fin de prazo: 
15.03.2024