Listaxes definitivas de solicitudes admitidas. Bolsa de persoas formadoras colaboradoras 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
345 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas. Bolsa de persoas formadoras colaboradoras 2024.

Conforme ao previsto no artigo 10 da Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración dunha bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes, dáse publicidade ás listaxes definitivas de persoas admitidas para formar parte da bolsa de persoas formadoras colaboradoras aprobadas por Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 18 de marzo de 2024.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Secretaría Xeral da Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas listas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. 

Modalidade *Listado
Baile galego Descargar
Pandeireta e Canto Descargar
Gaita Descargar
Percusión Descargar
Outros instrumentos tradicionais Descargar
Confección de traxe tradicional galego Descargar
Encaixe de palillos Descargar
Cociña galega Descargar

 

*As persoas incluídas na bolsa responsabilízanse expresamente da veracidade da documentación achegada.

Data de publicación: 
18.03.2024