Listaxes provisionais dos/as solicitantes admitidos/as e excluídos/as para a participación no programa Conecta con Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
516 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES PROVISIONAIS DOS/AS SOLICITANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUIDOS/AS DO PROCEDEMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA CON GALICIA (PR930A) 2023, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 13 DE ABRIL DO 2023 (DOG NÚM. 77 DO 21 DE ABRIL).

En aplicación do acordado pola Comisión de Avaliación, e de conformidade co disposto no artigo 9.3  da Resolución do 13 de abril de 2023 desta Secretaría Xeral da Emigración, que regula as bases reguladoras do procedemento de axudas para a participación no Programa Conecta con Galicia e convoca as do ano 2023, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas por países, sinalando, no derradeiro caso, as causas de inadmisión e, no suposto das admitidas que presentaran a solicitude con erros ou sen a documentación complementaria preceptiva, o correspondente requirimento.

A fin de facilitar a lectura, os/as solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes poden descargarse pulsando na cadro que corresponda:

PAÍS LISTADOS DATA PUBLICACIÓN PRAZO DE EMENDA DA SOLICITUDE
Arxentina Descargar 14 xuño 2023 Ata o 28 de xuño 2023
Brasil Descargar 14 xuño 2023 Ata o 28 de xuño 2023
Europa Descargar 14 xuño 2023 Ata o 28 de xuño 2023
Uruguai Descargar 14 xuño 2023 Ata o 28 de xuño 2023
Venezuela Descargar 14 xuño 2023 Ata o 28 de xuño 2023

 

Os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora no país de residencia, que se encargará da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración ou, se non hai, no rexistro xeral do Consulado de España máis próximo.

Data de publicación: 
14.06.2023
Data fin de prazo: 
28.06.2023