Listaxes das persoas seleccionadas no programa Conecta con Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
363 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES DAS PERSOAS SOLICITANTES SELECCIONADAS COMO BENEFICIARIAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONECTA CON GALICIA (PR930A) 2023, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 13 DE ABRIL DO 2023 (DOG Núm. 77 DO 21 DE ABRIL).

En aplicación do acordado pola Comisión de Avaliación, e de conformidade co disposto nos artigos 9.7 da Resolución do 13 de abril de 2023 da Secretaría Xeral da Emigración, que regula as bases reguladoras do procedemento de axudas para a participación no Programa Conecta con Galicia e convoca as do ano 2023, publícanse as listaxes definitivas de persoas beneficiarias, por países e quendas. Estas listas publicaranse, así mesmo, nas Delegacións da Xunta de Galicia e demais entidades colaboradoras.

A fin de facilitar a súa lectura, os/as solicitantes seleccionados/as aparecen por orde alfabética. As listaxes pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:

PAÍS LISTADOS PARA DESCARGAR
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Europa Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar

 

IMPORTANTE: A partir desta data e ata final desta semana as persoas serán contactadas pola empresa adxudicataria para a xestión dos desprazamentos de ida e volta a Galicia por e-mail e/ou teléfono, para os efectos de concretar, no seu caso, as formas de pago das pasaxes, así como a súa emisión e entrega, e para a convocatoria de participantes e familiares á sesión preparatoria sobre a viaxe.

Data de publicación: 
28.06.2023