Listados provisionais das persoas solicitantes admitidas para ser candidatas a participar no programa "Reencontros con Galicia 2023"

Listen to this page using ReadSpeaker
629 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Listados provisionais das persoas solicitantes admitidas para ser candidatas a participar no programa "Reencontros con Galicia" (EM926G), convocado pola Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 10 de xullo do 2023 (DOG Núm. 144 do 31 de Xullo).

De conformidade co disposto no artigo 9.3 da Resolución do 10 de xullo de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán ou procedemento de concesión de axudas para a participación do programa Reencontros con Galicia e convoca as do ano 2023, publícanse os listados provisionais de persoas solicitantes admitidas por países, sinalando, no caso de que presentaran a solicitude con erros ou sen a documentación complementaria preceptiva, o correspondente requirimento.

INMEDIATAMENTE DESPOIS DE QUE TÓDALAS SOLICITUDES FOSEN EMENDADAS OU TRANSCORRIDO O PRAZO DE 10 DÍAS, PROCEDERASE Á SELECCIÓN DAS CANDIDATAS SEGUNDO OS CRITERIOS DE PRELACIÓN ESTABLECIDOS NA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA E PUBLICARANSE AS LISTAS DAS PERSOAS SELECCIONADAS E AS LISTAS DE RESERVA.

As relacións provisionais de solicitudes admitidas e excluídas pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:

PAÍS Descargar DÍA DE PUBLICACIÓN PRAZO ENMENDA DA SOLICITUDE
ARXENTINA2 Descargar 14/09/2023 Ata o día 25/09/23, ás 14 horas local
BRASIL Descargar 14/09/2023 Ata o día 25/09/23, ás 14 horas local
CUBA Descargar 14/09/2023 Ata o día 25/09/23, ás 14 horas local
URUGUAI 1 Descargar 15/09/2023 Ata o día 25/09/23, ás 14 horas local
VENEZUELA Descargar 14/09/2023 Ata o día 25/09/23, ás 14 horas local

2 Advertido un erro na relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos da Arxentina publicada o 14/09/2023, é necesario facer as seguintes correccións:

  • As persoas relacionadas a continuación - RAMONA MOREIRAS CARNERO, MANUEL FERNÁNDEZ FONTÁN, JOAQUÍN FERNANDEZ FONTÁN, OFELIA PEREIRA ALVAREZ, JUAN JOSE GÓMEZ SUAREZ, ANA LOPEZ OUVIAÑA e CARMEN OUTEDA CHANTADA - incluídas na listaxe de admitidas deben figurar como excluídas, por superar  o límite de ingresos.

1 Advertido un erro na relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos do Uruguai publicada onte, 14/09/2023, é necesario facer as seguintes correccións:

  • No listado de persoas admitidas onde di FERNANDEZ PÉREZ, ADRIANA debe dicir SÁNCHEZ CERDEIRA, PURA.
  • O señor MANUEL NOYA CAJIDE, incluído na listaxe de persoas admitidas debe figurar como excluído, por participar nun programa de viaxe a Galicia organizado pola Secretaría Xeral da Emigración nos últimos cinco anos, esto é, desde o ano 2018 en diante.

Os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, nas oficinas da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia, que se encargará da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración, ou se non hai, no rexistro xeral do Consulado de España máis próximo.

Pode empregar este modelo (picar aquí para descargar).

Data de publicación: 
14.09.2023
Data fin de prazo: 
25.09.2023
Convocatoria asociada: