Listado de persoas beneficiarias do programa Reencontros con Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
573 lecturas
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES DAS PERSOAS SOLICITANTES PROPOSTAS COMO BENEFICIARIAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA REENCONTROS CON GALICIA 2023 (PROCEDEMENTO EM926G) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 10 DE XULLO DO 2023 (DOG NUM. 144 DO 31 DE XULLO).

De conformidade co disposto en Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 10 de xullo do 2023, publícanse os listados de persoas solicitantes propostas para ser adxudicatarias e das persoas incorporadas á listaxe de reservas na orde resultante da aplicación dos criterios de selección establecidos no artigo 9.6.

No caso das persoas relacionadas como beneficiarias, dispoñerán de 3 días para confirmar a praza e/ou modificar a súa opción de regreso (ata o día 27/09), respectando, en todo caso, as dúas previstas na convocatoria: o día de finalización da actividade, 15 días despois.

Nas listaxes que se achegan só aparecen identificados/as os/as solicitantes. Hai que ter en conta que estes/as poden vir acompañados/as por outra persoa. A previsión é que se cubra o total de prazas convocadas.

IMPORTANTE para os/as destinatarios/as: 

A partir desta data as persoas serán contactadas pola empresa adxudicataria para a xestión dos desprazamentos de ida e volta a Galicia por e-mail e/ou teléfono, para os efectos de concretar, no seu caso, o pago das pasaxes, a súa entrega, e a convocatoria de participantes e acompañantes á sesión preparatoria da viaxe.

PAÍS LISTADO
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Cuba Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar

 

Data de publicación: 
25.09.2023
Convocatoria asociada: