Aprobación listaxes provisionais de persoas formadoras colaboradoras. Ano 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
1385 lecturas
Listados para descargar e prazo de formulación de alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes provisionais de persoas formadoras colaboradoras para impartir obradoiros fóra de Galicia,  aprobadas por resolución do secretario xeral da Emigración de data 9 de abril de 2015.

O secretario xeral da Emigración aprobou a actualización das listaxes provisionais de persoas formadoras colaboradoras, proposta pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 7 da Resolución do 11 de febreiro de 2013, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes provisionais (ata o 21 de abril inclusive) para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Listados para descargar:

Data de publicación: 
09.04.2015
Data fin de prazo: 
21.04.2015