Aprobación listaxes definitivas de formadores/as colaboradores/as 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
1140 lecturas
Publicación das listaxes definitivas de formadores/as colaboradores/as para impartir seminarios fóra de Galicia, aprobadas por resolución do secretario xeral da Emigración de data 7 de xuño de 2013.
Estado: 
Procedemento pechado

O secretario xeral da Emigración aprobou a actualización dos listados definitivos de formadores/as colaboradores/as, proposta pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 7 da Resolución do 11 de febreiro de 2013, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores/as colaboradores/as para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos/as.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Secretaría Xeral da Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas listas, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

Listados para descargar:

Data de publicación: 
07.06.2013