Aprobación listaxes provisionais de formadores/as colaboradores/as 2013
Publicación das listaxes provisionais de formadores/as colaboradores/as para impartir seminarios fóra de Galicia, aprobadas por resolución do secretario xeral da Emigración de data 3 de maio de 2013.
O secretario xeral da Emigración aprobou a actualización das listaxes provisionais de formadores/as colaboradores/as, proposta pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 7 da Resolución do 11 de febreiro de 2013, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listaxes de formadores/as colaboradores/as para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos/as.
Os/as interesados/as disporán dun prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes provisionais (ata o 20 de maio inclusive) para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.
Listados para descargar:
- Anexo I: Baile (picar aquí para descargar)
- Anexo II: Gaita (picar aquí para descargar)
- Anexo III: Percusión (picar aquí para descargar)
- Anexo IV: Pandeireta (picar aquí para descargar)
- Anexo V: Canto (picar aquí para descargar)
- Anexo VI: Confección de traxes rexionais (picar aquí para descargar)
- Anexo VII: Cociña Galega (picar aquí para descargar)
- Anexo VIII: Outros instrumentos e actividades artesanais (picar aquí para descargar)



