Subvencións para o VI Día da Galicia Exterior 2022

Listen to this page using ReadSpeaker
1879 lecturas
Información e instrucións para cumprimentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do VI Día da Galicia Exterior para o exercicio 2022.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
06.04.2022
Estado: 
Procedemento pechado

PROXECTOS OU GASTOS QUE SE PODEN SOLICITAR (GASTOS SUBVENCIONABLES):
Só son subvencionables os gastos nos que incorra a entidade con motivo do desprazamento do grupo desde o seu lugar de orixe ata Galicia e os de regreso (visados, billetes, contratación de medios de transporte, traslado de material, instrumentos ou calquera outro necesario para a viaxe a Galicia).

ENTIDADES BENEFICIARIAS:

  1. Poderán ser beneficiarias das axudas establecidas para este programa as entidades galegas asentadas fóra de Galicia e inscritas no Rexistro da Galeguidade, de acordo co establecido na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, que conten cun ou máis grupos de canto, música e/ou danza tradicionais.
  2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro, radicadas fóra de Galicia, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego a través de grupos de canto, música e danza tradicionais con actividade continuada, como mínimo, nos cinco anos anteriores a esta convocatoria.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Outra documentación para consultar:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: desde o 07-04-2022 ata o 06-05-2022

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
A) Entidades con sede social en España
As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

B) Entidades con sede social no estranxeiro
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

1) En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, descargando o ANEXO ASOCIADO que consta na ficha de presentación ou o enviado por correo electrónico.
Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común  das Administracións Públicas.
No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
Enderezo ó que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela.
Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante
2) Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.

As solicitudes ou a documentación que se presente  por correo electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

CONTACTO E INFORMACIÓN:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160        
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
06.05.2022