Requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións correspondentes ao VI Día da Galicia Exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
611 lecturas
Listado para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: Publicación dos REQUIRIMENTOS DE EMENDA das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo da convocatoria de subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do VI Día da Galicia Exterior.

No DOG nº 67, do 06-04-2022, publicouse a Resolución do 31 de marzo de 2022 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do VI Día da Galicia Exterior (código de procedemento P938B).

O prazo para a presentación de solicitudes rematou o 06-05-2022.

Logo de revisar as solicitudes presentadas e a documentación que acompañan comprobouse que as correspondentes ás entidades que se indican no anexo deste anuncio non están completas, ben porque na solicitude non cubriron campos de información obrigatoria ou ben porque non acompañan ou é incorrecta a documentación que esixe a convocatoria.

Os defectos detectados na solicitude de cada entidade e programa indícanse no anexo deste anuncio.

Mediante esta publicación requíreselle a cada unha das entidades afectadas para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (https://emigración.xunta.gal – apartado Listas a convocatorias) acheguen os documentos preceptivos, e/ou emenden o/s defecto/s, que para cada entidade se sinalan (art. 10.5 da orde da convocatoria).

A documentación requirida deberá ser presentada en orixinal ou copia compulsada. (As entidades con sede social en España obrigatoriamente a través da Sede electrónica)

No caso de non achegar a documentación requirida, ou de non emendar o/s defecto/s sinalados dentro do prazo citado, terase por desistida á entidade da súa solicitude, cumprindo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo, na Praza de Mazarelos, 15. C.P. 15703, Santiago de Compostela, ou ós números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. (As respostas terán un carácter meramente informativo, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición).

Esta publicación realízase simultaneamente na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración e no taboleiro de anuncios da citada Secretaría.

Santiago de Compostela
A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
Isabel Martínez Pellicer

Data de publicación: 
13.05.2022
Data fin de prazo: 
31.05.2022