Subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2024
Programas de axudas e subvencións:
- Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.
- Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.
Entidades destinatarias:
As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 06-02-2024 ata o 05-03-2024
Solicitudes: Anexo I (Con carácter xeral só se pode solicitar axuda para un dos dous programas, Prog. A ou Prog. B).
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICTUDES: | picar aquí para acceder á Sede Electrónica |
Outra documentación para descargar:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G. (descargar)
- Extracto da convocatoria no D.O.G. (descargar)
- Instrucións cobertura da solicitude (descargar)
- Instrucións para o pagamento (descargar)
- Modelo memoria Programa A (descargar en word) (descargar en pdf)
- Modelo memoria Programa B (descargar en word) (descargar en pdf)
- Exemplo de memoria do Programa A (descargar)
- Exemplo de memoria do Programa B (descargar)
Lugar de presentación das solicitudes:
A) Entidades con sede social en España
Presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
B) Entidades con sede social no estranxeiro
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:
- En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (Anexo I)
Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O envío por correo postal será á Secretaría Xeral da Emigración, Rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela, tamén nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante.
Cando o envío se realice por correo postal ou a través dos consulados, deberán informar desta circunstancia á Secretaría Xeral da Emigración a través dun correo electrónico a emigracion.subvencions@xunta.gal, incluíndo unha copia completa da solicitude (Anexo I) e do resgardo de presentación (este correo electrónico non terá validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos). - Por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.
Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal



