Requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo da convocatoria de programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior (Prog. A e B)

Listen to this page using ReadSpeaker
99 lecturas
Anexos con listado de entidades.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: Publicación dos REQUIRIMENTOS DE EMENDA das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo da convocatoria de programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior  (Prog. A e B).

No DOG nº 25, do 5-02-2024, publicouse a Resolución do 29 de decembro de 2023 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior  para este exercicio.

Esta convocatoria regula os seguintes programas: Programa A.- Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural e Programa B.- Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Logo de revisar as solicitudes presentadas e a documentación que acompañan, comprobouse que a correspondente ás entidades que se indican no anexo deste anuncio non está completa, ben porque na solicitude non cubriron campos de información obrigatoria ou ben porque non acompañan ou é incorrecta a documentación que esixe a convocatoria.

Os defectos detectados na solicitude de cada entidade e programa indícanse no anexo deste anuncio. No caso do Rexistro da Galeguidade o defecto afecta a totalidade de programas solicitados.

Mediante esta publicación requíreselle a cada unha das entidades afectadas para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (https://emigración.xunta.gal –apartado Listas a convocatorias), acheguen os documentos preceptivos, e/ou emenden o/s defecto/s, que para cada entidade se sinalan (art. 10.3 e 20 da orde da convocatoria).

A documentación requirida deberá ser presentada en orixinal ou copia compulsada do mesmo xeito e nos mesmos lugares nos que presentaron a solicitude 

No caso de non achegar a documentación requirida, ou de non emendar o/s defecto/s sinalados dentro do prazo citado, terase por desistida á entidade da súa solicitude ou considerarase a puntuación mínima do baremo no apartado que corresponda, conforme ao previsto na normativa aplicable.

Esta publicación realízase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web citada.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración na rúa Basquiños, 2. C.P. 15704, Santiago de Compostela, ou nos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. 

  • Requirimentos Programa A- Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural (Descargar)
  • Requirimentos Programa B - Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable (Descargar)
  • Requirimentos para a totalidade de programas: (Descargar)

Santiago de Compostela,  
A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
Isabel Martínez Pellicer

Data de publicación: 
23.04.2024
Data fin de prazo: 
08.05.2024