Programa de viaxes "Reencontros na Casa" para residentes no exterior 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
1967 lecturas
Información do programa e formularios de inscrición.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 4 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na casa para persoas residentes no exterior durante o ano 2019.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
15.03.2019
Estado: 
Procedemento pechado

Correo-e para solicitar información: accion.social.emigracion@xunta.gal

Obxecto e finalidade das axudas:
O programa “Reencontros na Casa” está orientado a promover o contacto de galegos e galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Prazas convocadas e datas de realización:
A asignación do número de prazas queda fixada para o ano 2019 do seguinte modo:

País Nº de prazas / Porcentaxe financiamento
  100% 90% 60% 0%
Arxentina - - 75 5
Brasil - - 15 5
Cuba - 10 - -
Uruguai - - 32 5
Venezuela 50 - - -
Resto países de América - - 8 10
Total 50 10 130 25

 

As prazas que queden vacantes, ata un máximo dun 25% do total, poderán ser redistribuídas proporcionalmente pola Secretaría Xeral da Emigración entre aqueles países que teñan un maior número de solicitudes admitidas en relación co tipo de prazas ofertadas.

O 90 % das prazas asignadas a cada país destinarase a persoas que cumpran os requisitos indicados no artigo 2, puntos 1 e 2, e o 10 % restante ás persoas que cumpran os requisitos do punto 3 do mesmo artigo. Se non se completase unha destas cotas, as prazas vacantes poderán engadirse á outra.

Persoas beneficiarias:

  1. Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
    1.1. Ser emigrante galega.
    1.2. Ter a nacionalidade española.
    1.3. Residir en América de maneira continuada, como mínimo, durante os últimos 10 anos.
    1.4. Ter, cando menos, 65 anos de idade, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
    1.5. Non participar nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
    1.6. Para ser persoas beneficiarias deste programa será necesario que poidan valerse por si mesmas e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditarse mediante os correspondentes certificados médicos.
    1.7. Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade con quen poidan residir durante a súa estadía en Galicia.
    1.8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Estado español para o ano da convocatoria, segundo os países de residencia, para poder optar ás prazas financiadas ao 100%, ao 90% e ao 60% que se recollen no artigo 4. Estes límites non será aplicables ás prazas financiadas ao 0%.
    Se a persoa solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da dita cifra polo número de persoas que conviven menos un.
  2. Poderán ser beneficiarias, como acompañantes, as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga de afectividade ás persoas solicitantes do programa indicadas no punto 1, coa condición de que cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.5 e 1.6 e acheguen a documentación xustificativa.
  3. Tamén poderán ser persoas beneficiarias os fillos e as fillas de persoas emigrantes galegas que teñan a condición de galego/a e cumpran os requisitos indicados nos números 1.2, 1.3, 1.4, 1.6, 1.7 e 1.8 anteriores, e non participasen en programas de viaxes a Galicia da Secretaría Xeral da Emigración nos últimos 10 anos.

Características:

  1. A condición de beneficiario/a deste programa quedará supeditada ao compromiso de acollida da familia da persoa solicitante residente en Galicia e ao pagamento, dentro do prazo establecido no seu momento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión.
  2. As persoas participantes poderán permanecer coas súas familias en Galicia 15, 30 ou 45 días desde a súa chegada á nosa comunidade autónoma, e correrán pola súa conta todos os gastos de aloxamento, mantemento e calquera outro derivados da súa estadía en Galicia.
  3. As viaxes serán de ida desde o país de residencia habitual da persoa solicitante ata un aeroporto de Galicia e de retorno ao devandito país.
  4. As persoas beneficiarias deberán ingresar, por transferencia ou cartón de pago, na conta bancaria da axencia de viaxes designada, a parte que lles corresponda do importe do billete cunha antelación de 20 días naturais á data sinalada para realizar a viaxe. Entenderase que quen non cumpra con este requisito desiste da súa solicitude.
  5. A prestación de asistencia sanitaria das persoas beneficiarias realizarase de acordo coa lexislación nesta materia e os convenios subscritos polo Estado español e a Comunidade autónoma de Galicia.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Documentación para descargar:

Lugar de presentación:

  1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I desta resolución, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
    As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen, poderán dirixirse ás entidades que se indican a continuación, nas cales existen persoas habilitadas para a presentación electrónica das súas solicitudes:
    * En Arxentina: 
    Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires. 
    * En Uruguai: 
    Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
    * En Brasil: 
    – Pena Galega da Casa de España de Río de Janeiro . 
    – Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo. 
    – Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos. 
    * En Cuba: 
    – Federación de Sociedades Galegas na Habana. 
    * En Venezuela: 
    – Irmandade Galega de Venezuela en Caracas. 
  2. Opcionalmente, tamén poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
15.04.2019