Listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Casa”. Ano 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
428 lecturas
Listados provisionais e modelos para formular alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Casa" 2019 (Resolución do 4 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 53, do 15 de marzo).

De acordo co disposto no artigo 10.5 publícanse as listas provisionais das persoas admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde o día seguinte a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.gal, para formularen as alegacións que consideren oportunas e para a emenda das solicitudes. O prazo remata o 10 de maio de 2019. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición, e arquivaranse nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

País Listado Data publicación Data fin emenda
Arxentina Descargar 25 abril 2019 10 maio 2019
Brasil Descargar 25 abril 2019 10 maio 2019
Cuba Descargar 25 abril 2019 10 maio 2019
Uruguai Descargar 25 abril 2019 10 maio 2019
Venezuela Descargar 25 abril 2019 10 maio 2019

 

Para formular alegacións ou achegar documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:

Nota: Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das persoas admitidas e excluídas e, logo, os das persoas seleccionadas e as reservas.

Data de publicación: 
25.04.2019
Data fin de prazo: 
10.05.2019