Obradoiros de folclore, artesanía, cociña galega e seminarios de cultura galega. Ano 2025
Normas de presentación das solicitudes (nova para as entidades de América e do resto de Europa):
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Obxecto
A Secretaría Xeral da Emigración vén convocando anualmente o programa de obradoiros formativos de folclore, artesanía, cociña galega e seminarios de cultura galega, dirixidos a potenciar o coñecemento das nosas tradicións e costumes, promover a nosa cultura e manter viva a nosa identidade na Galicia exterior.
Entidades beneficiarias:
Poderán solicitar a organización dos obradoiros as entidades galegas que estean inscritas no Rexistro da Galeguidade.
Os obradoiros de folclore están dirixidos ás entidades que teñan constituídos grupos ou escolas de folclore da modalidade solicitada cun ano de funcionamento ininterrompido, dentro dos tres últimos anos previos á solicitude.
Os obradoiros de artesanía están dirixidos ás entidades que teñan un taller cun ano de funcionamento ininterrompido, dentro dos tres últimos anos previos á solicitude no que veñan desenvolvendo esas actividades.
Os obradoiros de cociña e os seminarios de cultura galega están dirixidos a entidades que conten con instalacións e equipamentos axeitados para o seu desenvolvemento.
Modalidades convocadas:
a) Obradoiros de folclore:
- Obradoiros de baile
- Obradoiros de gaita
- Obradoiros de percusión
- Obradoiros de pandeireta e canto
b) Obradoiros de artesanía:
- Obradoiros de encaixe de palillos
- Confección de traxes tradicionais
c) Obradoiros de cociña galega
d) Seminarios de cultura galega
Características do programa:
- As entidades poderán solicitar a realización dos obradoiros de xeito presencial, nas súas instalacións ou como aula virtual. Cada entidade deberá optar por unha ou outra modalidade na solicitude de participación.
- En ambas modalidades o profesorado será designado pola Secretaría Xeral da Emigración de conformidade co establecido nesta resolución e na Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración das listas de persoas formadoras colaboradoras para impartiren seminarios fóra de Galicia (DOG núm. 241, do 21 de decembro).
(Pode consultar a bolsa de persoas formadores/as da Secretaría Xeral da Emigración premendo na seguinte ligazón: Listaxes definitivas de persoas formadoras colaboradoras)
Non poderá ser designado o mesmo profesorado para impartir máis de 2 cursos continuados na mesma entidade solicitante.
As entidades poderán propor un profesor/a incluído nas listas para que imparta o correspondente curso e no suposto de non haber formadores/as dispoñibles nas listas na modalidade solicitada, tamén poderán propoñer profesorado non incluído nelas. Estas últimas propostas deberán acompañarse dun currículo que as avale.
No caso de non dispor de persoas formadoras nas listas nin ter recibido proposta da entidade, a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración con institucións públicas ou privadas radicadas en Galicia, poderá designar profesorado entre profesionais que sexan referentes nas respectivas modalidades.
As entidades poderán solicitar, por orde de preferencia, a organización de ata 3 cursos das modalidades convocadas.
Non se poderán solicitar modalidades realizadas na entidade solicitante de maneira consecutiva nos dous últimos anos.
Solicitudes e documentación:
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: | Sede electrónica da Xunta de Galicia |
Outra documentación para descargar:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G.: picar aquí para descargar
- Extracto de la convocatoria en el D.O.G.: picar aquí para descargar
- Información da convocatoria: picar aquí para descargar
- Guía da presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia con Chave365: picar aquí para descargar
- Relación nominal das persoas preinscritas: picar aquí para descargar
Máis información:
- Acceso - Sede Electrónica "Chave365" (enlace a Youtube)
Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración.
Subdirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
Teléfono: 0034 981 957 353/ 981 547 256
Correo electrónico: subdireccionxeral.emigracion@xunta.gal
Prazo de presentación das solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.



