Conecta co Xacobeo. Ano 2021

Listen to this page using ReadSpeaker
1649 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 24 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a participación no programa Conecta co Xacobeo (PR938A).
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
01.07.2021
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:
Posibilitar que as persoas vinculadas ás entidades galegas de España e de países de Europa manteñan os vínculos coa cultura e as tradicións de Galicia, mediante a realización dos últimos 100km do Camiño de Santiago ata chegar a Santiago de Compostela

Entidades beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Cada entidade galega poderá solicitar a participación do número de persoas que aparecen reflectidas nos Anexos A e B da orde de convocatoria, segundo estean asentadas en países de Europa ou Comunidades Autónomas de España. 

Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes, a entidade solicitante non poderá propor a participación doutras persoas diferentes ás indicadas na solicitude. 

A idade das persoas propostas por cada entidade galega para participar no programa estará comprendida entre os 18 e os 64 anos de idade, deben poder valerse por si mesmas e realizar con normalidade as actividades do programa.

Número de prazas convocadas:
Convócanse 200 prazas dirixidas a entidades galegas do exterior distribuídas do seguinte xeito: 

PRAZAS OFERTADAS NOS PAÍSES DE EUROPA
PAÍS Nº PRAZAS OFERTADAS Nº. DE PRAZAS MÁXIMAS QUE PODE SOLICITAR CADA ENTIDADE GALEGA POLO PAÍS OU GRUPO DESTES NO QUE ESTEA ASENTADA
Suíza- Liechtenstein 40 20
Alemaña 20 10
Resto de Europa 20 10
Prazas Totais 80  

 

PRAZAS OFERTADAS NAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA
COMUNIDADE AUTÓNOMA OU AGRUPACIÓN DESTAS Nº PRAZAS OFERTADAS Nº. DE PRAZAS MÁXIMAS QUE PODE SOLICITAR CADA ENTIDADE GALEGA POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA OU GRUPO DESTAS NO QUE ESTEA ASENTADA
Andalucía, Ceuta e Extremadura 10 5
Canarias 4 2
Cataluña 36 18
C. Valenciana, Rexión de Murcia, Illes Baleares e Castilla-La Mancha 10 5
Castilla y León, Principado de Asturias, Cantabria, La Rioja e Aragón 18 9
Madrid 20 10
País Vasco e Navarra 22 11
Prazas totais 120  

 

Características do programa:
O programa consiste en que as persoas seleccionadas percorran 100 km do Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela, durante as cales coñecerán o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando.

Para iso, o programa organízase en dúas quendas:
a) Na primeira quenda viaxarán as persoas procedentes das comunidades autónomas de España e será, previsiblemente, do 18 ao 26 de setembro.
b) A continuación, nunha segunda quenda, participarán no programa as persoas procedentes dos países de Europa e desenvolverase, previsiblemente, do 28 de setembro ao 6 de outubro.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe e dos traslados das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes dende o lugar de residencia das persoas participantes ata Galicia e regreso.

Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres en Galicia, do aloxamento e da manutención das persoas participantes.

Na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (https://emigracion.xunta.gal) informarase da programación das actividades que se van a realizar así coma do lugar de aloxamento unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes.

Solicitudes e documentación:
Os modelos normalizados de solicitude e documentación complementaria (anexos I e II) poderán obterse nas páxinas web https://sede.xunta.es e https://emigracion.xunta.gal.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES picar aquí para acceder á Sede electrónica

Documentación para descargar:

- A solicitude (anexo I) deberá estar completamente cuberta e ir acompañada de tantos modelos do anexo II como persoas propoña a entidade como participantes no apartado Relación nominal de persoas solicitantes incluída no anexo I.

Documentación:
a) Certificado de residencia fiscal para as entidades solicitantes que non teñan a súa residencia fiscal en territorio español, emitido en 2021 polas autoridades competentes do seu país de residencia.
b) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade das persoas propostas pola entidade no que consten os seus datos persoais: DNI ou pasaporte. 
c) Unha declaración responsable de cada persoa proposta para participar na actividade, conforme o modelo oficial que figura como anexo II a orde de convocatoria.
d) Unha fotografía recente tamaño carné de cada unha das persoas propostas pola entidade.

A.- Entidades con sede social en España
As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I da resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

B.- Entidades con sede social en Europa
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  • En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. 

En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. 

O medio de presentación elixido manterase para calquera tipo de relación coa Secretaría Xeral da Emigración ata que remate o procedemento.

No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

Enderezo ó que deben enviarse: 
Subdirección Xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Secretaría Xeral da Emigración, 
Praza Mazarelos, nº 15 
15703 Santiago de Compostela.

  • Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.

As entidades só poderán presentar unha única solicitude para a participación no programa.

As solicitudes ou a documentación que se presente por Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

Contacto e información: 
Secretaría Xeral da Emigración. 
Teléfonos: 981 547 239 / 981 547 265
Correo electrónico: subdireccionxeral.emigracion@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
02.08.2021