Axudas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para desenvolver accións de formación laboral que contribúan á participación de persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral en Galicia. Ano 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
1424 lecturas
Información e formularios de solicitude para descargar
Orde da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data de publicación: 
28.06.2012
Estado: 
Procedemento pechado

Fondo Social EuropeaObxecto

1. O obxecto das bases reguladoras é a concesión de subvencións ás entidades sinaladas no artigo 2 das mesmas para o desenvolvemento de accións de formación laboral que contribúan a incrementar á participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega para o ano 2012.

2. Só poderán subvencionarse as accións formativas a que se fai referencia no artigo 4 das bases.

3. Estas accións son elixibles no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, no eixe 2 e no tema prioritario 70, e están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo nun 80%.

Beneficiarios

1. Poderán acceder á condición de beneficiarias e solicitar as subvencións reguladas nesta resolución as entidades sen ánimo de lucro, as organizacións profesionais e as organizacións empresariais que desenvolvan actividades formativas de integración laboral dirixidas a persoas retornadas ou inmigrantes que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo.

b) Ter o seu enderezo social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia,
entendendo por delegación dispor dunha oficina permanente nela.

c) Dispor de estrutura e capacidade para garantir a realización das accións obxecto de subvención.

d) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades de dereito público, as universidades, os partidos políticos, as organizacións sindicais, nin as sociedades civís.

3. No suposto de que se presenten federacións, confederacións ou asociacións de entidades sen ánimo de lucro ou de organizacións profesionais ou empresariais, non poderán concorrer á convocatoria as entidades que formen parte destas, quedando excluídas as accións formativas que presenten as ditas entidades.

Incompatibilidade das axudas

As axudas previstas nesta resolución son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Obrigas dos/as participantes nas accións formativas

Os/as participantes nas accións formativas están obrigados/as a acreditar documentalmente a súa condición de inmigrantes ou retornados/as  e a autorizar por escrito á Secretaría Xeral da Emigración para consultar os seus datos da Vida laboral, coa finalidade de comprobar o grao de inserción no mercado laboral acadado polas accións formativas  A documentación acreditando a condición de inmigrante ou retornado/a e a autorización para consultar a Vida laboral, ahegaranse á entidade subvencionada organizadora do curso ao inicio deste.

 

*Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
28.07.2012