Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro das axudas para desenvolver accións de formación laboral que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral, para o Ano 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
931 lecturas
PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 25 DE XUÑO DE 2012, DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA DESENVOLVER ACCIÓNS DE FORMACIÓN LABORAL, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO, QUE CONTRIBÚAN A INCREMENTAR A PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS INMIGRANTES E RETORNADAS NO MUNDO LABORAL, NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2012.
Estado: 
Procedemento pechado

Fondo Social EuropeoExaminadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral, na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012, e de acordo co establecido no artigo 16 do anexo I da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días contados a partir da publicación na páxina web emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados a cada entidade como motivo da emenda. A publicación ten lugar por non terse recibido o acuse de recibo do requirimento enviado con anterioridade, a través do que se intentou notificar o requirimento de emenda a ditas entidades.

Advírtese que, segundo o artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 9575 76 e 981 95 75 78.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web http://emigracion.xunta.es.

Ver Anexo e Listado: Anexo e Listado

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2012

O Subdirector Xeral do Retorno e da Inmigración

Por ausencia. O Xefe do Servizo de Planificación e Formación

Joan Ribot Margarit 

Data de publicación: 
14.08.2012
Data fin de prazo: 
27.08.2012