Galicia Pórtico Universal en Bilbao

Pestanas principais

Galicia Pórtico Universal en Núremberg

Pórtico Universal en Bilbao
España
43° 15' 47.9592" N, 2° 57' 3.8664" W
Galicia Pórtico Universal en Bilbao
2580 lecturas

Galicia Pórtico Universal en NúrembergDo 16 ao 19 de xuño de 2016 celébrase no Arenal de Bilbao “Galicia, Pórtico Universal”, un proxecto da Secretaría Xeral da Emigración co apoio das Consellerías do Medio Rural e do Mar, a Axencia Turismo de Galicia, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, para a promoción de produtos de orixe galega, así como Galicia en xeral como referente turístico e de investimento, contando coa inestimable colaboración dos centros galegos da diáspora, xa que as galegas e os galegos da diáspora actúan como embaixadores e embaixadoras da promoción da calidade de Galicia e os seus produtos.

Esta infraestrutura para a promoción exterior da nosa Comunidade Autónoma inclúe unha exposición de artesanía galega, mostras de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, demostracións en vivo de actividades artesás galegas, cadansúa área de información de Turgalicia e Xacobeo, un Centro de Negocios, unha aula profesional de catas gastronómicas, diversas expresións culturais adaptadas a cada cidade visitada, e tamén a venda de artesanía e produtos de cadanseu consello regulador dos produtos agroalimentarios amparados por denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa.

Tamén, e coincidindo coa celebración do XXXI Día de Galicia en Euskadi, ao longo destes días os veciños e veciñas da capital biscaíña que se acheguen ata a o Arenal poderán gozar cos espectáculos, música galega en directo e diversas actividades programadas pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

Socios Colaboradores

Secretaría Xeral da Emigración Consellería do mar Consellería do medio rural Artesanía de Galicia Galicia Centro Galego de Bilbao
2580 lecturas