-
Os meses de xullo e agosto foron algo máis que vacacións para moitos fillos de emigrantes que veñen a Galicia a pasar o verán. «Escolas Abertas» potenciou a formación de gaita, pandeireta, baile tradicional e asociacionismo galego.
-
Establecer lazos entre a cinematografía galega e cubana nun panorama no que as relacións audiovisuais de ambas están a pleno rendemento é o obxectivo da I Mostra de Cine galego cubano que se celebra en Santiago e que terá carácter bianual.
-
Nunca unha exposición deu tanto que falar no estranxeiro. A mostra itinerante «Un Camiño, 13 olladas» retrata as postais típicas e atípicas que acontecen ao longo do Camiño de Santiago.
-
O I Congreso da Xuventude Galega Residente en Países Europeos, celebrado en Frankfurt, tivo como protagonistas 80 mozas e mozos galegos.
Alí acordaron formar unha asociación para ter representación activa no Consello da Xuventude de Galicia.
-
Tras dezaseis anos promovendo a cultura galega en Madrid, a Casa de Galicia presenta o catálogo denominado «A casa habitada», que xunto a unha exposición itinerante pola nosa comunidade indaga e percorre o panorama artístico galego contemporáneo.
-
O programa posto en marcha pola Secretaría Xeral de Emigración recibiu a máis de cen emigrantes nesta edición. Con isto lógrase favorecer o achegamento á terra e ás familias dos emigrantes galegos de máis de 60 anos.
-
A localidade bonaerense de Mar del Plata acolleu recentemente as I Xornadas de Empresarios Galegos en Arxentina coa finalidade de poñer en valor o capital empresarial, emprendedor e humano co que conta Galicia no exterior.
-
A Casa de Galicia en Madrid naceu como referente administrativo e cultural, constituíndose como a sé institucional da Xunta na capital. E o punto de encontro de todos os galegos que viven alí, e tamén dos cidadáns interesados en achegarse a Galicia....
-
O curso de baile tradicional é un dos clásicos que se imparten en Compostela, e nesta edición tamén en Bos Aires, Montevideo e Caracas.
Divididos entre baile nivel intermedio e baile de nivel avanzado, os alumnos e alumnas inscritos neste curso non só...
-
A cinematografía cubana e galega unénse por vez primeira nunha mostra sen precedentes e que terá carácter bianual. A estrea levouse a cabo en Santiago de Compostela onde se proxectaron filmes, moitos deles inéditos
Os lazos cinematográficos entre Cuba e...