Referente de Galicia en Madrid desde 1992
A Casa de Galicia en Madrid naceu como referente administrativo e cultural, constituíndose como a sé institucional da Xunta na capital. E o punto de encontro de todos os galegos que viven alí, e tamén dos cidadáns interesados en achegarse a Galicia.
Aparentemente cultural, pero cunha labor administrativa de fondo. Así se creou en 1992 a Casa de Galicia en Madrid, que ten como actual director da institución a Alfonso S. Palomares. «É máis visible a vertiente cultural "comenta Palomares". Queremos que se convirta no escenario onde se proxecte a cultura galega en Madrid, onde teña máis visibilidade todo o que se fai en Galicia nos campos diversos da cultura. E non só da cultura plástica, senón tamén da cultura literaria».
Para extender a súa proxección na capital, contan cunha páxina web onde informan a diario das ofertas cuturais, actos e exposicións que esta entidade leva a cabo. «A web xurdiu hai dous anos ?di o director da Casa de Galicia?. Cando eu cheguei á Casa de Galicia o primeiro que me propuxen foi facer unha páxina web que fora contando o que íamos facendo».
O sitio web permite aos usuarios coñecer a historia desta entidade, informarse das últimas novidades sobre a cultura galega en Madrid así como enterarse de todas as exposicións e demais eventos que teñen lugar alí.
Entre as posibilidades que a web oferta está a do seu fondo documental, que contempla unha biblioteca, unha pinacoteca, un arquivo fotográfico e unha videoteca. A web aproveita as facilidades de expansión de Internet e incluso posúe unha canle en YouTube, o portal de vídeos máis famoso do mundo.


