Presentación da mostra

A cinematografía cubana e galega unénse por vez primeira nunha mostra sen precedentes e que terá carácter bianual. A estrea levouse a cabo en Santiago de Compostela onde se proxectaron filmes, moitos deles inéditos

Os lazos cinematográficos entre Cuba e Galiza teñen unha nova dimensión grazas á primeira mostra de Cine galego cubano que se celebrou na capital galega entre o 12 e o 16 de maio.

Ampliar as canles de difusión e dos patrimonios audiovisuais de ámbolos dous países e afianzar as relacións institucionais, profesionais e artísticas de ambas as cinematografías. Este é o obxectivo fundamental polo que se chegou a un acordo en abril do 2007 no marco do I Encontro Audiovisual Galicia- Cuba. Este acordo asinado entre Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e o Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC) estableceu a intencionalidade de organizar con carácter bienal Mostras de cine galego en Cuba e de cine cubano en Galicia.

A Mostra recolle as películas de maior éxito do cinema cubano durante os últimos anos e proxectáronse noTeatro Principal de Santiago. Entre os títulos destacan El Benny (Jorge Luís Sánchez, 2006), Tres veces dos (Pavel Giroud, Lester Hamlet e Esteban Insausti, 2004) Nada (Juan Carlos Cremata, 2001), La Pared (Alejandro Gil 2006) e Viva Cuba (Juan Carlos Cremata, 2005)

A selección de filmes reúnen películas premiadas en festivais como o de Montreal, La Habana, Miami, Cannes ou El Cairo e algunhas delas incluso foron candidatas aos Premios Goya en España ou aos Ariel en México.

Moitos destes produtos non foron estreados aínda no noso país e precisamente esa novidade unida á intención de ofrecer películas de calidade é un dos obxectivos fundamentais desta mostra.

No acto de apertura levado a cabo na sede da SGAE ARTeria Noroeste de Santiago de Compostela estiveron presentes o Secretario Xeral de Comunicación e Presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia; Fernando Salgado, Iván Giroud, director do Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana e Héctor Noas, actor protagonisa de La Pared. Además houbo unha actuación musical a cargo de Santiago Feliú.

1022 lecturas