Miranda traslada a importancia de seguir fortalecendo a galeguidade no mundo e de garantir o acompañamento aos galegos no exterior en todas as súas etapas

Subliña o papel do retorno e da atención social como eixes clave do compromiso institucional coas comunidades galegas do exterior

Avanza o impulso a novas iniciativas lexislativas e a adaptación da lingua e a cultura á era dixital para conectar coas novas xeracións

Agradece ás trece entidades que formaron a Comisión Delegada neste período o seu traballo e compromiso

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa intervención na apertura do XIV Consello de Comunidades Galegas, en Río de Janeiro.
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa intervención na apertura do XIV Consello de Comunidades Galegas, en Río de Janeiro.

Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Janeiro (Brasil), 15 de novembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tomou a palabra na apertura do XIV Consello de Comunidades Galegas celebrado en Río de Janeiro, un encontro de especial relevancia para toda a emigración galega e que é a primeira edición acollida en Brasil e a cuarta que ten lugar no exterior. Durante o seu discurso inicial, Miranda situou a galeguidade como unha rede universal sen fronteiras e puxo en valor o papel esencial do movemento asociativo na preservación da identidade e a memoria compartida.

O secretario sinalou que o eixe central da xestión dos últimos anos foi a consolidación das políticas de regreso, evidenciando que o retorno deixou de ser un desexo para converterse nunha realidade estrutural. Entre 2018 e 2024 regresaron á comunidade preto de 50.000 galegos, un fito apoiado pola consolidación das Oficinas Integrais de Asesoramento, que superaron as 40.000 consultas atendidas neste período. Puxo en valor o éxito de iniciativas laborais como Retorna Cualifica Emprego e, de maneira especial, o décimo aniversario das bolsas BEME, que xa permitiron a 2.000 mozos formarse en Galicia, cun 85 % deles quedando a residir na comunidade.

No ámbito da acción social, ratificou o compromiso da Xunta cunha "solidariedade sen fronteiras", mantendo activa unha sólida rede de axudas individuais con especial sensibilidade cara aos maiores e ás familias en situación de vulnerabilidade. Como exemplo da capacidade de resposta rápida, destacou o millón de euros mobilizado e as máis de 200 familias axudadas tras os terremotos de Venezuela, un esforzo que se suma ás axudas extraordinarias ao retorno —de ata 6.000 euros por unidade familiar— e ao éxito do programa Reencontros con Galicia, que este ano bateu a súa marca con máis de 200 participantes.

O secretario xeral tamén dedicou agradeceu o seu traballo ás trece entidades que conformaron a Comisión Delegada durante o período 2023-2026, poñendo en valor o seu esforzo e compromiso desinteresado, destacando que foron a voz viva da Galicia exterior e o enlace indispensable que mantivo á Administración en contacto permanente coas necesidades reais da colectividade entre o anterior pleno de Ourense e a actual cita no Brasil. 

E finalizou transmitindo o seu desexo de que estes días de traballo en Río sexan moi fructíferos, e que sirvan para compartir experiencias e acadar conclusións comúns para mellorar a situación dos galegos no exterior.
 
137 lecturas