O programa ‘Xuventude Crea’ impulsa a participación da mocidade galega residente no exterior

Este certame de mozos creadores, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten como obxectivo estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación.

A Secretaría Xeral da Emigración financia o desprazamento dos galegos do exterior que accedan á fase final.

Os gañadores poderán acceder a un programa de formación e mentorizaxe para desenvolver os seus proxectos empresariais.

O prazo de presentación de solicitudes está dispoñible na sede electrónica da Xunta ata o próximo 30 de setembro.

O programa ‘Xuventude Crea’ impulsa a participación da mocidade galega residente no exterior.
O programa ‘Xuventude Crea’ impulsa a participación da mocidade galega residente no exterior.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026.

A Xunta de Galicia vén de aprobar a décimo sétima edición do programa Xuventude Crea e, unha vez máis, nel poderán participar os galegos e as galegas do exterior que así o desexen. Consolidado como un referente no panorama cultural de Galicia, este certame de mozos creadores, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten como obxectivo estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación.

Deste modo, a edición de 2026 reforza o carácter transversal desta iniciativa, así como a colaboración e coordinación entre diferentes departamentos do Goberno galego, como a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ou a Axencia Galega das Industrias Culturais. 

Neste senso, entre as medidas máis destacadas, figura a consolidación da participación da mocidade galega residente no exterior, favorecendo a conexión das novas xeracións da diáspora coa cultura galega. Ademais, grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, as persoas finalistas procedentes do exterior contarán con financiamento para asistir ás fases finais do certame.

Este ano, o Xuventude Crea conta con 15 especialidades artísticas, atendendo aos intereses da mocidade. As persoas ou grupos das obras gañadoras de cada categoría terán a posibilidade de acceder a un programa de formación e mentorizaxe para poñer en marcha o seu proxecto empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes está dispoñible a través da sede electrónica da Xunta ata o próximo mércores, 30 de setembro. Trátase dunha oportunidade única para que a mocidade galega, tanto en Galicia como no exterior, poida amosar o seu talento e contribuír ao enriquecemento cultural da comunidade.

143 lecturas