Miranda enxalza a figura de Xosé Filgueira Fernández polo seu compromiso coa colectividade galega no mundo

O secretario xeral da Emigración participou na homenaxe ao presidente do Centro Gallego de Castelló

Agradece o presidente o seu labor na difusión da identidade galega tras 23 anos á fronte da entidade

Apunta a importancia da colaboración entre administracións e entidades para atender as persoas residentes fóra da nosa terra

  • Acto de recoñecemento a Xosé Filgueira en Castellón
    Acto de recoñecemento a Xosé Filgueira en Castellón

Listen to this page using ReadSpeaker
Castelló (Valencia), 12 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, enxalzou a figura de Xosé Filgueira Fernández polo seu compromiso coa colectividade galega no mundo. Así o fixo no Centro Gallego de Castelló “O Aturuxo”, no que se rendeu homenaxe a Filgueira, o seu presidente desde hai 23 anos, no que participaron distintas autoridades do concello de Castelló e da Generalitat Valenciana.

Miranda agradeceu a Xosé Filgueira o seu labor ao fronte da entidade durante todos estes anos, e destacouno como “o exemplo do mellor embaixador que podemos ter” fóra de Galicia. Nado en Noia e de carreira militar, leva vinte e tres anos involucrado no Centro Galego de Castelló “O Aturuxo” como presidente, ao tempo que participa en máis asociacións de asistencia como Cruz Vermella, o Banco de Alimentos e Stella Maris.

O secreatario xeral agradeceu a Filgeuira o seu compromiso co conxunto da galeguidade no mundo, pola súa participación activa e destacada no Conselllo de Comunidades Galegas, converténdose nun referente desa galeguidade universal. El, que percorreu os mares do mundo pola súa profesión, tamén traballou logo por mellorar a vida dos galegos do mundo desde un pequeno centro situado no levante español.

O secretario xeral aproveitou tamén para valorar o labor que se fai tanto nos centros galegos repartidos por España e por tantas partes do mundo como difusores da nosa cultura, lingua e tradicións.  Ademais, Miranda apuntou a importancia da colaboración entre administracións e entidades para atender as persoas residentes fóra da nosa terra, e reafirmou o compromiso da Xunta de seguir colaborando co Centro “O Aturuxo”. Segundo os datos do INE, actualmente viven na Comunidade Valenciana preto de 18.000 galegos. Pola súa banda, o Centro “O Aturuxo” conta con 231 socios, dos cales 137 son galegos.
 
240 lecturas