Miranda reforza os lazos coa comunidade galega no Reino Unido nun encontro con Jesús Ledo, referente da comunidade galega residente en Londres

Miranda reforza os lazos coa comunidade galega no Reino Unido nun encontro con Jesús Ledo, referente da comunidade galega residente en Londres.
Miranda reforza os lazos coa comunidade galega no Reino Unido nun encontro con Jesús Ledo, referente da comunidade galega residente en Londres.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Jesús Ledo, referente da comunidade galega residente en Londres, no que abordaron a situación actual da colectividade e o papel que continúa a desempeñar na difusión da cultura galega no Reino Unido. Miranda destacou a importancia de manter un contacto directo cos galegos residentes no país e de coñecer de primeira man as súas inquedanzas e necesidades.

Durante a reunión, o secretario xeral puxo en valor o compromiso de persoas como Jesús Ledo, que contribúen a manter viva a vinculación con Galicia e a fortalecer os lazos entre a colectividade e a súa terra de orixe. Miranda reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir acompañando á comunidade galega no Reino Unido e apoiando iniciativas que favorezan a conservación e transmisión da cultura, das tradicións e do sentimento de pertenza a Galicia entre as novas xeracións.

79 lecturas