Listas provisionais de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2026
De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 18 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de douscentas cincuenta (250) bolsas excelencia mocidade exterior (BEME), co fin de cursar estudos de mestrado que se inicien no curso 2026/27 nunha universidade pública galega, procédese á publicación de:
| Proposta de resolución provisional de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa | |
| Descargar | |
| Lista provisional de 250 persoas candidatas á bolsa (ordenada segundo as puntuacións outorgadas) | Lista provisional de 250 persoas candidatas á bolsa (orden alfabética por apelido) |
| Descargar | Descargar |
| Lista provisional de 143 persoas suplentes (ordenada segundo as puntuacións outorgadas) | Lista provisional de 143 persoas suplentes (orden alfabética por apelido) |
| Descargar | Descargar |
| Lista provisional de 119 persoas solicitantes excluídas da bolsa | |
| Descargar | |
NOTAS ACLARATORIAS:
- (*) Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivese unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.
- (1) No caso das titulacións españolas, na columna “Nota media” redondéase ao segundo decimal. Para o cálculo da columna “Puntuación nota media x2” téñense en conta os catro decimais da nota.
Esta proposta de resolución provisional notifícase ás persoas interesadas mediante a súa publicación nesta web, para que no prazo de cinco (5) días hábiles a contar a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións oportunas.
Unha vez transcorrido o prazo de alegacións publicaranse na web os Listados Definitivos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS DO 19 DE XUÑO ao 26 DE XUÑO DE 2026 (ás 23.59 horas horario peninsular español), ambos incluídos.
IMPORTANTE:
Para enviar as alegacións debe entrar na plataforma de bolsas onde realizou a solicitude da bolsa, no menú da esquerda na opción “Alegación”.
Por outra banda, se algunha persoa da lista provisional de candidatos ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar que tamén está no menú da esquerda, na opción de “Renuncia”, para non prexudicar a outros candidatos ou suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros.



