LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA EN 2026 (PR930C) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 18 DE MARZO DE 2026 (DOG NÚM. 61 DO 1 DE ABRIL)

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

107 lecturas
Listaxes para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA EN 2026 (PR930C) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 18 DE MARZO DE 2026 (DOG NÚM. 61 DO 1 DE ABRIL).

En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 10 de marzo de 2026 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA, publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas por países, sinalando, no seu caso, a documentación que debe achegarse ou emendarse e a causa de exclusión co correspondente artigo da Resolución incumprido.

Co fin de facilitar a lectura, os solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes poden descargarse premendo no cadro que corresponda:

PAÍS LISTAXES DATA PUBLICACIÓN PRAZO DE EMENDA DE SOLICITUDE
ARXENTINA Descargar 13 de maio de 2026 Ata o día 25 de maio de 2026
BRASIL Descargar 13 de maio de 2026 Ata o día 25 de maio de 2026
CUBA Descargar 13 de maio de 2026 Ata o día 25 de maio de 2026
URUGUAI Descargar 13 de maio de 2026 Ata o día 25 de maio de 2026
VENEZUELA Descargar 13 de maio de 2026 Ata o día 25 de maio de 2026

 

Os documentos que se acheguen para completar o expediente e os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia na que se presentou a solicitude, que se encargará da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. De non existir ningunha preto da localidade de residencia, poden entregarse no rexistro xeral do Consulado de España máis próximo.

Data de publicación: 
13.05.2026
Data fin de prazo: 
25.05.2026