Conecta co Voluntariado en Galicia 2026
Obxecto:
O programa Conecta co Voluntariado en Galicia, que ten por finalidade facilitarlles a 50 mozas e mozos galegas/os de diferentes procedencias un maior coñecemento da realidade galega a través da realización dun traballo desinteresado co patrimonio natural e cultural de Galicia e outras actividades complementarias.
Convócanse as 40 prazas destinadas no 2026 á mocidade de orixe galega residente no estranxeiro. As 10 prazas restantes as oferta a Dirección Xeral de Xuventude para favorecer o contacto coa mocidade galega residente en Galicia.
O programa desenvolverase dúas quendas. Os solicitantes optarán por un dos dous campos de traballo ofertados:
- a) Campo de voluntariado ambiental: desenvolveranse tarefas de adecuación do espazo ambiental mariño e costeiro na ría de Arousa (provincia de Pontevedra) e desenvolverase entre os días 23 de xullo ao 3 de agosto do ano en curso.
- b) Campo de voluntariado cultural: desenvolveranse tarefas de apoio ao equipo de escavación e mantemento do castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei (provincia de Lugo) e desenvolverase entre os días 26 de agosto ao 6 de setembro do ano en curso.
De todos os xeitos, tamén poderán manifestar o seu interese en participar na opción non elixida se non resultase adxudicataria dunha praza no campo proposto e quedase algunha vacante no outro.
Persoas beneficiarias:
Poderán optar a este programa a mocidade que cumpra os seguintes requisitos:
- a) Ter unha idade comprendida entre os 22 e 30 anos a 1 de xaneiro de 2026
- b) Nacer en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior
- c) Posuír a nacionalidade española
- d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 3 meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
- e) Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa
Prazo de presentación de solicitudes:
- Desde o 2 de abril ata o 4 de maio do 2026
Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:
- No Brasil:
- Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro
- Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo
- Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos
- Asociación Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago en Salvador de Bahía
- En Venezuela:
- Irmandade Galega en Venezuela
- Irmandade Galega de Valencia
- Centro Galego de Maracaibo
- Centro Galego de Puerto La Cruz
- Asociación Fillos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara
- En Cuba:
- Federación de Sociedades Galegas
- En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
- En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
Tamén poderán presentar as solicitudes de xeito presencial nos Consulados de España e no resto de lugares e rexistros establecidos na lei reguladora do procedemento administrativo común.
Distribución inicial de prazas:
| PAÍS DE RESIDENCIA | VOLUNTARIADO AMBIENTAL (Número de prazas) |
VOLUNTARIADO CULTURAL (Número de prazas) |
|---|---|---|
| Arxentina | 5 | 5 |
| Brasil | 2 | 2 |
| Cuba | 2 | 2 |
| Uurguai | 2 | 2 |
| Venezuela | 2 | 2 |
| Resto de América | 4 | 4 |
| Resto de Europa | 3 | 3 |
| Total | 20 | 20 |
Documentación para consultar:



