LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS E INADMITIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2026 (PR930C), CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 18 DE MARZO DE 2026

Listen to this page using ReadSpeaker
344 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Listaxes definitivas de persoas admitidas - beneficiarias e en lista de reserva - do procedemento do Programa Conecta co Voluntariado en Galicia 2026 (PR930C), convocado pola Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 18 de marzo de 2026, e Resolución da SXE que pon fin a este procedemento, na cal aparecen, ademais da relación de persoas ás que se conceden as axudas, tamén as listaxes definitivas de persoas solicitantes inadmitidas e desistidas.

En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 18 de marzo de 2026 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA, unha vez transcorrido o prazo de requirimento e emitido o informe da comisión de avaliación prevista no artigo 10 da devandita Resolución, publícanse as listaxes definitivas de persoas solicitantes admitidas e inadmitidas por países, con indicación, neste último suposto, das causas de inadmisión ou exclusión.

Para evitar confusións, na listaxe definitiva de persoas solicitantes admitidas, indícanse en primeiro lugar as que resultan beneficiarias e as que quedan en lista de reserva, de conformidade coa resolución da persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, do 02 de xuño, pola que se resolve este procedemento.

As listaxes definitivas de persoas solicitantes admitidas poden descargarse premendo no cadro que corresponda:

ÁREA XEOGRÁFICA LISTADO DE ADMITIDAS
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Cuba Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar
  • Nota: As listas definitivas de solicitantes non admitidos/as e desistidos/as pódense descargar aquí.

 

Data de publicación: 
02.06.2026
Data fin de prazo: 
02.06.2026