Miranda destaca o papel da Casa de Galicia en Curitiba na preservación da cultura galega en Brasil
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa presidenta da Casa de Galicia en Curitiba, Maribel Mariño, para analizar a actividade que desenvolve esta entidade e abordar novas vías de colaboración para seguir fortalecendo a presenza da cultura galega no estado brasileiro do Paraná. Durante a reunión, Miranda puxo en valor o labor que realiza a entidade como punto de encontro da colectividade galega e como referente da difusión das tradicións galegas no sur de Brasil.
O secretario xeral destacou ademais o compromiso das directivas e socios dos centros galegos do exterior “para manter viva a galeguidade xeración tras xeración”, e reafirmou o apoio da Xunta ás iniciativas culturais e sociais impulsadas pola Casa de Galicia en Curitiba. No encontro, tamén se analizaron futuras actividades de colaboración co obxectivo de continuar estreitando os vínculos entre Galicia e a diáspora galega asentada no Brasil.
Novas relacionadas




