O secretario xeral da Emigración recibe á presidenta da Casa de Galicia de Curitiba (Brasil)

Miranda e Mariño, esta mañá, durante a reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Miranda e Mariño, esta mañá, durante a reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2023.

Esta mañá, Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral da Emigración a Maribel Mariño González, actual presidenta da Casa de Galicia do Centro Español do Paraná.

Entre outros asuntos, Miranda e Mariño conversaron sobre as actividades que esta entidade galega localizada na cidade de Curitiba (Brasil) levou a cabo o último ano, destacando a súa aposta por manter a tradición e cultura galegas co Grupo Folclórico “Aires Galegos”, que conta con máis de 30 integrantes e foi fundado nos anos 60. 

Por último, o secretario xeral aproveitou este encontro para comprometerse con Maribel Mariño en visitar este centro galego na vindeira viaxe que realice ao país brasileiro. 

249 lecturas