Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo

Dez entidades galegas de América, Europa e resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar os filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo.

  • Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo
    Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo
  • Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo
    Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo
  • Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo
    Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo (Pontevedra), 28 de abril de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto ao director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño, o programa do ciclo de cine Mestre Mateo que poderán desfrutar a través da colaboración con dez entidades galegas de América, Europa e resto de España.

Esta iniciativa xorde do acordo entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual que permitirá achegar o cine feito en Galicia e, en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo aos galegos do exterior a través destas entidades.

O secretario xeral da Emigración agradeceu o interese da Academia por “colaborar con nós para achegar o audiovisual que se realiza en Galicia ás nosas colectividades do exterior e tamén os veciños das localidades seleccionadas, que poden así gozar da cultura feita na nosa terra para os nosos galegos”.

Antonio Rodríguez Miranda tamén destacou o esforzo dos centros galegos do exterior que colaborarán na posta en marcha desta iniciativa: Bilbao, Málaga e Rubí, en España; Berlín, Bruxelas e Lisboa no ámbito europeo; e tamén destinos en América como Bos Aires, Lima, Montevideo, Newark, Río de Janeiro e Viña del Mar.

Como parte integral do proxecto, a Academia Galega do Audiovisual proporcionará ferramentas específicas sobre produción e comunicación das proxeccións ás persoas encargadas da xestión desta iniciativa en cada centro galego do exterior, e tamén se implicará a un grupo de persoas que se encargarán de coordinar a realización de cada proxección e atender ás demandas das espectadoras e espectadores do ciclo.

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirat, As liñas descontinuas, Antes de nós, San Simón, 360 curvas, O son da nova regueifa, Deuses de pedraO silencio herdado.

373 lecturas