López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude foi nomeado Comendador na celebración desta cita que, por vez primeira, se realiza na Casa de Galicia en Nova York.

O representante do Goberno galego salienta a “tradición, memoria e comunidade” que supón este prato e que considera “expresión culinaria da identidade do pobo galego”.

  • López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia
    López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia
  • López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia
    López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia
  • López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia
    López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Nova York (Estados Unidos), 27 de abril de 2026.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, erixiu o cocido de Lalín como “embaixador internacional da cultura gastronómica tradicional de Galicia”. Fíxoo no celebración desta cita consolidada do municipio pontevedrés, que se realizou na Casa de Galicia en Nova York, na que foi nomeado Comendador, e na que estivo acompañado polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

“O cocido é tradición, memoria e comunidade”, enxalzou o titular de Cultura do Goberno galego. Por estes motivos, considerou de “obrigado pola historia” esta celebración na Casa de Galicia na cidade neoiorquina, “ideada polo mesmo Castelao como lugar de encontro dos galegos na diáspora para conservar a nosa lingua e cultura, que tamén abrangue a gastronomía”, apuntou.

Neste senso, López Campos considerou este recoñecido prato de Lalín como a “expresión culinaria da identidade do pobo galego”. “Reflíctese na elección dos produtos baseada na excelencia e no coidado preciso dos tempos que require cada un deles e no seu conxunto”, salientou ao respecto da súa elaboración e que estendeu a “un xeito de ser, facer e implicarse das galegas e galegos, que está na cerna desa Galicia Calidade, que nos presenta e representa por todo o mundo”.

Precisamente, o conselleiro lembrou que esta é a segunda celebración do cocido de Lalín que se fai nos Estados Unidos de América, tras o realizado en Miami, no ano 2022. En todo caso, apuntou que a súa “imparable proxección internacional” xa levou a súa organización pola Arxentina, Venezuela,  Italia, Bélxica e Alemaña, entre outros países.

63 lecturas