Conecta co Voluntariado en Galicia 2026

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

103 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 18 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Voluntariado en Galicia, dirixido a mocidade de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no exterior, e procédese á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR930C).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
01.04.2026
Estado: 
Procedemento aberto

Obxecto: 

O programa Conecta co Voluntariado en Galicia, que ten por finalidade facilitarlles a 50 mozas e mozos galegas/os de diferentes procedencias un maior coñecemento da realidade galega a través da realización dun traballo desinteresado co patrimonio natural e cultural de Galicia e outras actividades complementarias.

Convócanse as 40 prazas destinadas no 2026 á mocidade de orixe galega residente no estranxeiro. As 10 prazas restantes as oferta a Dirección Xeral de Xuventude para favorecer o contacto coa mocidade galega residente en Galicia.

O programa desenvolverase dúas quendas. Os solicitantes optarán por un dos dous campos de traballo ofertados:

  • a) Campo de voluntariado ambiental: desenvolveranse tarefas de adecuación do espazo ambiental mariño e costeiro na ría de Arousa (provincia de Pontevedra) e desenvolverase entre os días 23 de xullo ao 3 de agosto do ano en curso.
  • b) Campo de voluntariado cultural: desenvolveranse tarefas de apoio ao equipo de escavación e mantemento do castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei (provincia de Lugo) e desenvolverase entre os días 26 de agosto ao 6 de setembro do ano en curso.

De todos os xeitos, tamén poderán manifestar o seu interese en participar na opción non elixida se non resultase adxudicataria dunha praza no campo proposto e quedase algunha vacante no outro.

Persoas beneficiarias:

Poderán optar a este programa a mocidade que cumpra os seguintes requisitos:

  • a) Ter unha idade comprendida entre os 22 e 30 anos a 1 de xaneiro de 2026
  • b) Nacer en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior
  • c) Posuír a nacionalidade española
  • d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 3 meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
  • e) Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Desde o 2 de abril ata o 4 de maio do 2026

Lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:

  • No Brasil:
    • Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo
    • Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos
    • Asociación Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago en Salvador de Bahía
  • En Venezuela:
    • Irmandade Galega en Venezuela
    • Irmandade Galega de Valencia
    • Centro Galego de Maracaibo
    • Centro Galego de Puerto La Cruz
    • Asociación Fillos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara
  • En Cuba:
    • Federación de Sociedades Galegas
  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo

Tamén poderán presentar as solicitudes de xeito presencial nos Consulados de España e no resto de lugares e rexistros establecidos na lei reguladora do procedemento administrativo común.

Distribución inicial de prazas:

PAÍS DE RESIDENCIA VOLUNTARIADO AMBIENTAL
(Número de prazas)
VOLUNTARIADO CULTURAL
(Número de prazas)
Arxentina 5 5
Brasil 2 2
Cuba 2 2
Uurguai 2 2
Venezuela 2 2
Resto de América 4 4
Resto de Europa 3 3
Total 20 20

 

Documentación para consultar:

  • Texto completo da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
04.05.2026