Miranda subliña en Padrón que as axudas extraordinarias ao retorno que se poden solicitar ata o 30 de setembro permiten ás familias galegas “Comezar unha nova vida en Galicia”
O secretario xeral da Emigración visitou en Padrón a Lorena García Zaragoza, quen regresou dende Arxentina co seu marido, dous fillos, un sobriño e o seu pai grazas ás axudas extraordinarias.
A convocatoria de 2025 leva xa 1.166 solicitudes presentadas.
Miranda destaca o papel fundamental no acompañamento ás familias retornadas que desenvolven as oficinas de retorno.
Miranda subliña en Padrón que as axudas extraordinarias ao retorno que se poden solicitar ata o 30 de setembro permiten ás familias galegas “Comezar unha nova vida en Galicia”
Miranda subliña en Padrón que as axudas extraordinarias ao retorno que se poden solicitar ata o 30 de setembro permiten ás familias galegas “Comezar unha nova vida en Galicia”
Miranda subliña en Padrón que as axudas extraordinarias ao retorno que se poden solicitar ata o 30 de setembro permiten ás familias galegas “Comezar unha nova vida en Galicia”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en Padrón a Lorena Evangelina García Zaragoza, beneficiaria das axudas extraordinarias ao retorno, quen regresou dende Arxentina xunto ao seu marido, dous fillos, un sobriño e o seu pai. Esta familia representa o carácter "arrastre" destas axudas, que permiten o regreso conxunto de varias xeracións e a súa plena integración en Galicia.
Miranda destacou que “as axudas extraordinarias non son só unha cifra orzamentaria: son a chave que permite a familias como a de Lorena empezar unha nova vida en Galicia con seguridade e dignidade”. O secretario xeral puxo tamén en valor que este apoio facilita cubrir os primeiros gastos de instalación e acompañar aos beneficiarios nos trámites iniciais, ademais de servir como punto de partida para unha estabilidade laboral e vital.
Na convocatoria de 2025 presentáronse xa 1.166 solicitudes procedentes de países como Cuba, Reino Unido, Arxentina, Suíza, Brasil, EE.UU ou Venezuela.
O prazo de presentación destas axudas extraordinarias permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro, polo que Miranda animou ás familias galegas do exterior interesadas a solicitalas canto antes. “A Xunta seguirá reforzando estas axudas para que ningunha familia que queira volver quede atrás”. Animou a todas as persoas que están en Galicia a que se dirixan a unha das nosas oficinas de retorno para ser informadas e completar este trámite.
Novas relacionadas



