III "Letters from Galicia" no "London Spanish Film Festival" polo décimo aniversario do Galician Film Forum
O Galician Film Forum (GFF) cumpre 10 anos e faino celebrando a terceira edición da súa sección Letters from Galicia no London Spanish Film Festival.
As proxeccións terán lugar no Cine Lumière o martes 23 de setembro e no Riverside Studios o mércores 24, co seguinte programa:
- Proxección de +Cuñados, de Luis Avilés, ás 6:15 PM.
- Short Letters From Galicia, cunha selección de curtametraxes galegas, ás 8:00 PM.
- Antes de Nós, de Ángeles Huerta, ás 8:15 PM (Riverside Studios)
Haberá un brinde final para os asistentes, cunha copa de viño cortesía de Méndez Rojo, para celebrar o décimo aniversario do Foro de Cine Galego.
Ademais, na xornada do mércores, o actor protagonista Xoán Fórneas participará nun coloquio.
Entradas: £16, conc. £14.
Programa completo do London Spanish Film Festival: Web.

Evento:
Proxección
Organiza:
Galician Film Forum - GFF
Data:
23.09.2025 a 24.09.2025
Hora:
18:15
Lugar:
Cine Lumière
17 Queensberry Place
South Kensington, Londres - SW7 2DTLondon Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






