Festa galega do San Froilán 2026 en Nou Barris, Barcelona
A Asociación Cultural Amigos de San Froilán volve organizar, do venres 2 ao domingo 4 de outubro, a súa particular festa galega do San Froilán en Nou Barris (Barcelona).
O evento, que achega a cultura galega á cidade condal, terá lugar na Plaça Major de Nou Barris e contará con actuacións de grupos musicais durante toda a fin de semana. Ademais, tamén se levarán a cabo un amplo conxunto de actividades.
Todas as actividades son gratuítas. Ademais, haberá servizo de bar e venda de produtos galegos.
O programa será o seguinte:
- Venres 2:
- 19:30 horas: Inicio da festa con Radio Tele Taxi.
- 21:30 horas: Izada da bandeira galega, baile dos xigantes de Nou Barris, actuación da banda de gaitas da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà e lectura do pregón.
- 22:30 horas: Verbena a cargo da orquestra La Oca Band.
- Sábado 3:
- 10:30 horas: Xogos tradicionais e animación infantil.
- 12:30 horas: Actuacións de entidades de cultura popular e tradicional.
- 14:00 horas: Sesión vermú coa orquestra La Oca Band.
- 18:00 horas: Banda Simfònica de Roquetes, dirixida por Daniel Navarro.
- 19:00 horas: Actuacións de entidades de cultura popular e tradicional.
- 20:00 horas: Orquestra La Oca Band.
- 21:30 horas: Presentación da festa a cargo das autoridades asistentes.
- 22:00 horas: Verbena coas orquestras Novo Tango e La Oca Band.
- Domingo 4:
- 12:00 horas: Misa na honra a San Froilán e posterior procesión, acompañada pola banda de gaitas Xuntanza de Catalunya, Sons de la Cossetània de Tarragona, Banda CCTT Virgen de la Misericordia de Reus e os xigantes de Nou Barris.
- 14:00 horas: Sesión vermú coa orquestra Novo Tango.
- 17:30 horas: Actuacións de entidades galegas: Xuntanza de Catalunya, ACG Agarimos de Badalona, Sons de la Cossetània de Tarragona e Banda CCTT Virgen de la Misericordia de Reus.
- 19:30 horas: Verbena a cargo da orquestra Novo Tango.
Máis info: Web.

Evento:
Festa
Organiza:
Asociación Cultural Amigos de San Froilán
Data:
02.10.2026 a 04.10.2026
Hora:
19:30
Lugar:
Plaça Major de Nou Barris
Nou Barris
Barcelona - 08042Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






