Miranda: “Sodes os mellores embaixadores da cultura galega no mundo e un orgullo para Galicia”
O secretario xeral da Emigración asistiu aos ensaios que o alumnado está a preparar para a súa próxima actuación esta noite no programa “Luar” da Televisión de Galicia, que suporá un escaparate de excepción para visibilizar o labor das comunidades galegas do exterior.
Miranda: “Sodes os mellores embaixadores da cultura galega no mundo e un orgullo para Galicia”
Miranda: “Sodes os mellores embaixadores da cultura galega no mundo e un orgullo para Galicia”
Miranda: “Sodes os mellores embaixadores da cultura galega no mundo e un orgullo para Galicia”
Miranda: “Sodes os mellores embaixadores da cultura galega no mundo e un orgullo para Galicia”
Miranda: “Sodes os mellores embaixadores da cultura galega no mundo e un orgullo para Galicia”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), en Santiago de Compostela, aos 44 participantes do programa Escolas Abertas, que están a recibir formación especializada en cultura tradicional galega. Este grupo está composto por 36 docentes procedentes de entidades galegas de América e outros 8 de Europa e do resto de España, cunha media de idade de 35 anos, todos eles comprometidos coa difusión e preservación da identidade galega no exterior.
Durante a súa visita, Miranda puido comprobar de primeira man o desenvolvemento das clases presenciais que se imparten nesta edición, centradas en disciplinas como o baile tradicional, a confección de traxes ou a música galega, e que contarán ademais coa participación de recoñecidos músicos galegos ao longo da semana. O secretario xeral destacou o valor deste programa, que leva varias décadas de traxectoria, como unha ferramenta esencial para dinamizar as comunidades galegas de Europa e América e garantir a súa participación activa na vida cultural e social de Galicia.
Ademais, Miranda asistiu aos ensaios que o alumnado está a preparar para a súa próxima actuación esta noite no programa “Luar” da Televisión de Galicia, que suporá un escaparate de excepción para visibilizar o labor das comunidades galegas do exterior. O secretario xeral animou os participantes a vivir con intensidade esta experiencia e a seguir sendo referentes do legado cultural galego nos seus países de residencia.
Novas relacionadas



