Listas provisionais de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2025
Segundo o establecido no artigo 16 da resolución do 26 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procede á convocatoria de dúascentas cincuenta (250) Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade pública galega, procédese á publicación de:
| Proposta de resolución provisional de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa | |
| Descargar | |
| Lista provisional de 250 persoas candidatas á bolsa (ordenada segundo as puntuacións outorgadas) | Lista provisional de 250 persoas candidatas á bolsa (orden alfabética por apelido) |
| Descargar | Descargar |
| Lista provisional de 156 persoas suplentes (ordenada segundo as puntuacións outorgadas) | Lista provisional de 156 persoas suplentes (orden alfabética por apelido) |
| Descargar | Descargar |
| Lista provisional de 94 persoas solicitantes excluídas da bolsa | |
| Descargar | |
En caso de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.
Esta proposta de resolución provisional notifícase ás persoas interesadas mediante a súa publicación nesta web, para que no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións que consideren oportunas.
Unha vez transcorrido o prazo de alegacións, publicaranse na web os Listados Definitivos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS: DO 20 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO DE 2025 (ata as 23.59 horas, horario peninsular español), ambos incluídos.
IMPORTANTE:
Para enviar as alegacións, debe acceder á plataforma de bolsas onde realizou a solicitude da bolsa, e no menú da esquerda seleccionar a opción “Alegación”.
Por outra banda, se algunha persoa da lista provisional de candidatas/os ou suplentes decide non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito de renuncia, que tamén se atopa no menú da esquerda na opción “Renuncia”, co fin de non prexudicar a outras persoas candidatas ou suplentes que poidan ter opción de ser bolseiras/os.



