Miranda salienta o valor do proxecto cultural "De Mañón ao mundo" como ponte entre a emigración histórica ao exterior e a chegada actual de novos residentes

  • Miranda salienta o valor do proxecto cultural  'De Mañón ao mundo' como ponte entre a emigración histórica ao exterior e a chegada actual de novos residentes

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 28 de maio de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo este martes un encontro con responsables do proxecto cultural De Mañón ao mundo e co alcalde de Mañón, Alfredo Dovale e o tenente de alcalde, Francisco Calvín, co obxectivo de coñecer de primeira man os detalles dunha iniciativa que afonda na memoria da emigración e reflexiona sobre a nova realidade migratoria deste concello da Mariña Lucense. A mostra e as actividades paralelas, que se poderán visitar do 30 de maio ao 8 de xuño no Abeiro do Sor, ofrece unha mirada plural sobre os movementos migratorios, ligando o pasado de tantos veciños que partiron cara América e Europa co presente de mozos e familias doutros países que elixen hoxe Mañón como lugar para construír un novo futuro.

Durante a xuntanza, Miranda destacou o valor desta proposta como ferramenta de cohesión social, sinalando que "proxectos coma este axudan a recoñecer o esforzo dos que marcharon e tamén a integrar aos que chegan, facendo de Mañón un exemplo de convivencia e esperanza". A exposición será inaugurada este venres 30 ás 19:00 horas.

603 lecturas