Listaxes definitivas de persoas admitidas - beneficiarias e en lista de reserva - do procedemento do Programa Conecta con Galicia no Camiño 2025 (PR930D), convocado pola Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 3 de marzo de 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
662 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Para xeral coñecemento, publícase a resolución do titular da Secretaría Xeral da Emigración do 26 de maio de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO 2025, coa posibilidade de descargar a lista de persoas beneficiarias e en reserva de cada país.

Coa publicación da resolución e desas listaxes evítanse confusións entre os interesados, sen deixar de dar cumprimento ao disposto no artigo 12 da Resolución pola que se aproban as bases deste procedemento e se convoca para este ano, xa que no acordo do Secretario Xeral da Emigración do 26/05/2025, polo que se resolve dito proceso administrativo, están contidas as listaxes definitivas de persoas admitidas, excluídas e desistidas. En todo caso, as listaxes de cada ámbito xeográfico tamén foron remitidas a todas as entidades que colaboran na xestión do mesmo para que, mediante a súa inserción nos taboleiros de anuncios ou como consideren oportuno, faciliten a súa consulta pública a todos os interesados.

A relación de persoas beneficiarias destas axudas, que teñen praza adxudicada, así como as que quedaron en lista de reserva, pódese descargar no recadro que corresponda:

PAÍS LISTAXE
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Cuba Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar
Resto de América Descargar
  • Nota: Listado de NON ADMITIDOS/AS e DESESTIMADOS/ASDescargar

 

Data de publicación: 
27.05.2025
Data fin de prazo: 
27.05.2025
Convocatoria asociada: