Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas do procedemento do Conecta con Galicia no Camiño 2025 (PR930D) convocado pola resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 3 de marzo de 2025 (DOG Núm. 56 do 21 de marzo)

Listen to this page using ReadSpeaker
439 lecturas
Listaxes para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas do procedemento do Conecta con Galicia no Camiño 2025 (PR930D) convocado pola resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 3 de marzo de 2025 (DOG Núm. 56 do 21 de marzo).

En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 3 de marzo de 2025 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO, publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas por países, sinalando, no seu caso, a documentación que debe achegar ou emendar e a causa de exclusión co correspondente artigo da Resolución incumprido.

A fin de facilitar a lectura, os solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes poden descargarse pulsando no cadro que corresponda:

PAÍS LISTAXES DATA PUBLICACIÓN PRAZO DE EMENDA DE SOLICITUDE
ARXENTINA Descargar 12 de maio de 2025 Ata o día 22 de maio de 2025
BRASIL Descargar 12 de maio de 2025 Ata o día 22 de maio de 2025
CUBA Descargar 12 de maio de 2025 Ata o día 22 de maio de 2025
URUGUAI Descargar 12 de maio de 2025 Ata o día 22 de maio de 2025
VENEZUELA Descargar 12 de maio de 2025 Ata o día 22 de maio de 2025
RESTO DE AMÉRICA Descargar 12 de maio de 2025 Ata o día 22 de maio de 2025

 

Os documentos que se acheguen para completar o expediente e os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia na que presentou a solicitude, que será a encargada da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. Ou, de non existir algunha preto da localidade de residencia, no rexistro xeral do Consulado de España mais próximo.

Data de publicación: 
12.05.2025
Data fin de prazo: 
22.05.2025
Convocatoria asociada: