Conecta con Galicia no Camiño 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
2884 lecturas
Información do programa e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia no Camiño, dirixido a mozos de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no exterior, e procédese á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR930D).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
21.03.2025
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:

O programa Conecta con Galicia no Camiño para o ano 2025 ten por finalidade facilitar aos participantes o enriquecemento persoal a través da convivencia con outros mozos galegos de diferentes orixes e a realización de actividades que lles procurarán un maior coñecemento do territorio e a situación socio-cultural actual de Galicia, a través do percorrido de distintos tramos do Camiño de Santiago ata chegar a Compostela e actuacións complementarias.

Convócanse 120 prazas: 96 para mozos residentes no estranxeiro e 24 para residentes en Galicia.

Os participantes distribuiranse entre dúas residencias xuvenís: Altamar, en Vigo, e Florentino López Cuevillas, en Ourense.

O programa desenvolverase entre o 19 e 31 de xullo, comprende as seguintes actividades:

  • CAMIÑO DE SANTIAGO: Percorrido a pé de 8 tramos (100 Kms.) polo Camiño Portugués ou a Vía da Prata, ata Santiago de Compostela
  • VISITAS CULTURAIS: Actividades orientadas a coñecer diversos aspectos da situación socio-económica de Galicia e o patrimonio cultural da contorna.

Persoas participantes:

Poderán optar a este programa os/as novos que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter unha idade comprendida entre os 18 e 21 anos a día 19 de xullo do 2025.
b) Nacer en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 3 meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
e) Carecer de discapacidades e outros impedimentos que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
f) Para as prazas con financiamento do 100%, determinadas condicións económicas (consultar art. 3.2 da Resolución da convocatoria).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Desde o 24/03/2025 ata o 21/04/2025.

Lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:

  • En Brasil:
    • Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución, en São Paulo.
    • Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro, en Santos.
    • Asociación Cultural Hispano galega Cabaleiros de Santiago, en Salvador de Baía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Galegas, na Habana.
  • En Venezuela: Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.
  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.

Tamén poderán presentar as solicitudes presencialmente nos Consulados de España e no resto de lugares e rexistros establecidos na lei reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:  picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

  • Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Resolución sobre a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes do PR930D na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Descargar 

Distribución de prazas:

PAÍS DE RESIDENCIA DOS SOLICITANTES NÚMERO  TOTAL DE PRAZAS PRAZAS SEGUNDO A MODALIDADE DE FINANCIAMENTO
AXUDA 100% COPAGAMENTO CUSTOS VIAXE:
(800 € AMÉRICA-250 € EUROPA
Arxentina 28 20 8
Brasil 11 8 3
Cuba 10 9 1
Uruguai 11 8 3
Venezuela 11 10 1
Resto de América 9 6 3
Resto de Europa 16 9 7
TOTAL: 96 70 26

 

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
21.04.2025